Estimados compañeiros e compañeiras:
Comprácenos invitarvos o vindeiro DOMINGO 1 DE MAIO as 19.00 horas, no Clube Náutico de Castrelo á presentación da candidatura do PSOE ás eleccións municipais do Concello de Castrelo de Miño.
Intervirán Miguel Fidalgo Areda (Senador), Raúl Fernández Fernández (Secretario Xeral Provincial) e o noso futuro Alcalde: Óscar López Martínez.
Tras a presentación oficial ofreceráse viño, lacón e pan de balde a tódolos asistentes.
ESPERÁMOSVOS.
sábado, 23 de abril de 2011
viernes, 22 de abril de 2011
Castrelo, o que nos importa.
Dende a agrupación local de Castrelo de Miño queremos darlles a benvida a todas e todos os leitores e visitantes deste blogue
Estamos obrigados a dicir que este non é só o noso blogue, senón que é un blogue para todas e todos; onde tódalas ideas e suxerencias serán ben recibidas e tidas en conta, e esta é a mesma idea que queremos levar á vida política.
Queremos un concello onde ninguén se sinta discriminado ou marxinado, onde todas e todos poidamos participar, un lugar común no cal as cousas sexan elixidas por consenso e non a dedo.
Estamos firmemente convencidas e convencidos de que temos un concello cheo de recursos, de posibilidades. Un concello rico en xente e cultura, ao cal xa lle é hora de ser tido en conta.
Por isto, SEDE BENVIDOS Á VOSA CASA.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)