Queridos compañeirxs:
O primeiriño de todo que queremos é pedirvos perdón por voltar tan tarde a actualizar o blogue pero debido a unha serie de acaecementos e a que chegou o verán (ansiadas vacacións) deixamos a cousa en "stand by".
O segundo que vos queriamos comentar é que este ano o PSdG-PSOE de Castrelo está a vender participacións de loteria cun prezo de 5€, dos cales xóganse 4€. Como xa sabemos que a sorte non é de quen a busca senon de quen a atopa, animámosvos a que compredes unha participación, ¡non vaia ser o demo! O boleto no caso de estar premiado, poderase cobrar no local do PSdG-PSOE de Castrelo sen ningún tipo de problema.
Xa sabedes, se tedes calquera dúbida, problema ou suxerencia este é o noso mail de contacto: castrelopsoe@gmail.com.
Un saudiño agarimoso de volta ó cole.