Compañeirxs, xa estamos na recta final do camiño cara o día 22 de Maio, carreira á que algúns lle queren poñer fin xa ese mesmo día, algúns que se conforman cunha vitoria e que están convencidos de sacar maioría absoluta. Nós, en cambio, consideramos que isto é unha carreira de fondo, na que non hai vencedores nin vencidos, na que o único vencedor vai ser o pobo de Castrelo de Miño.
Temos un programa pensado coa cabeza, poñendo os pés na realidade e que elaboramos falando porta por porta con cada veciño da nosa vila. Un programa REAL, que non necesita grandes investimentos, creado a partir dos feitos e das carencias que son visíbeis por todos (ou por CASE TODOS).
Cando xa están a piques de rematar as eleccións, resulta que o Sr. Alcalde POR FIN deu a coñecer o seu programa electoral. Que tan escondido o tiña que parecía o misterio de Fátima... Un programa que “curiosamente” recordounos a algo que xa viramos: Ó NOSO PROGRAMA... ¿Será verdade?
Pero coma falar “de boquilla” é coma que chova sobre mollado, imos facer unha serie de comparacións entre o seu e o noso programa electoral:
O PSdG- PSOE propón: Mellora de camiños, carreiros, rúas e beirarrúas das parroquias, ofrecéndolle os veciños TODOLOS servizos necesarios, xa sexa con pavimentación, iluminación, puntos de recollida de lixo...etc. Sen centrarnos nos núcleos e sen ter en conta favoritismos propios. Debemos coidar os nosos recursos e en especial as nosas augas, tanto mellorando a súa calidade como a eficiencia das traídas. Por iso os veciños PODERÁN DECIDIR QUE OBRAS QUEREN LEVAR A CABO a través dos PRESUPOSTOS PARTICIPATIVOS.
O BNG propón: Construción de vivendas protexidas, restauración vivendas, prazas e fontes. Mellora do abastecemento e do saneamento e mellora das comunicacións e das estradas.
CONCLUSIÓN: Tendo en conta que o noso programa comezou a circular xa fai case un mes e que o do BNG leva uns escasos 3 días...quizais deberíamos chamar a SGAE por iso de plaxio de dereitos de autor. Tamén gustaríanos dicir que construír vivendas protexidas é unha medida de tipo social, medidas que foron impulsadas por un goberno socialista, non por un nacionalista e que ademais, este tipo de vivendas fanse nos núcleos urbanos con bastante poboación nova (cousa que desgraciadamente non ocorre en Castrelo) ou zonas que son consideradas coma “cidades dormitorio” que é cando hai un parque empresarial (que en Castrelo non hai).
O PSdG- PSOE propón: Levaremos a cabo políticas de ocio, formativas e culturais, sen esquecer os nosos dependientes co fin de que o desenrolo eficiente da lei creada polo PARTIDO SOCIALISTA farase máis eficaz no noso Concello. Por iso faremos posíbel o desenrolo dun parque Empresarial para que as empresas interesadas poidan implantarse e así fomentar a creación de postos de traballo.
O BNG propón: obradoiros, talleres, postos de traballo co centro de día e a vivenda comunitaria e a elaboración dun parque empresarial.
CONCLUSIÓN: ¡Caramba, carambita, carambola! Outra vez, casualidades da vida, temos o mesmo no programa electoral. Iso sí, o PSOE cando interesa é coma o demo pero cando non ben que utilizamos as medidas elaboradas por un goberno socialista (véxase a lei da dependencia) e por outra banda xúrdenos unha dúbida: ¿as medidas relativas o centro de día non viñan xa no anterior programa electoral de fai 4 anos? Ai ai ai...
O PSdG-PSOE propón: crearemos un aulario infantil de 0 a 3 anos para que os pais e nais do noso Concello poidan conciliar a vida laboral e familiar, e deste xeito facer realidade a lei de igualdade entre homes e mulleres. E preciso coidar a saúde dos nosos veciños. Esixiremos a Consellería que se prestar debida atención médica, xa sexa ampliando a plantilla ou cumprindo o seu horario. Ademais farase un censo de persoas que precisen de transporte para ser atendidas, co fin de facilitar o acceso os centros de saúde.
O BNG propón: elaboración dunha escola infantil de 0-3 anos, posta en funcionamento do centro de día e da vivenda social e mellora dos medios de transporte para maiores. Mellora dos centros médicos e un tanatorio de tipo municipal.
CONCLUSIÓN: ¡Mira ti que cousas! Se volve a ser o mesmo que o noso programa... hai que ver que de casualidades ten a vida.
O PSdG-PSOE propón: coidar o turismo ampliando o catálogo de deportes, especialmente os de tipo náutico, así coma o coñecemento dos lugares mais fermosos do Concello a través de sendas peonís, sen esquecer as nosas augas termais de Paradela e Santamaría, creando un balneario e posibilitando a estancia no Concello coa construción dun hotel ou casa rural.
O BNG propón: creación dunha biblioteca, centros sociais, climatización da piscina municipal, fomento das competicións deportivas e construción dun ximnasio. Potenciar o catamarán, adegas, albergues e crear un camping con bungalows.
CONCLUSIÓN: Repetir o termo plaxio xa nos parece abrumador, porque é mais que evidente. Iso sí, ¿quen quere aproveitar os recursos naturais de augas termais podendo climatizar unha piscina?
O PSdG-PSOE propón: crearemos mais rutas do viño do Ribeiro co fin de que todos poidan probar a excelencia dos nosos caldos. Esixiremos que a nosa uva, catalogada entre as mellores, acade un prezo xusto, preocupándonos polos problemas dos colleiteiros da zona.
O BNG: propón o wifi e un servizo de información municipal por SMS (mensaxeira móbil).
CONCLUSIÓN: Home, algunha idea propia tiñan que ter... Nós preguntámonos que, tendo en conta que na súa candidatura levan a un colleiteiro, un home de ben que se deixa o lombo de sol a sol nas viñas, ¿coma pode ser que non mire polos problemas que este sector ten? Os prezos da uva son mínimos, da uva e dos produtos agrícolas en sí. Actualmente estanse a pagar uns prezos irrisorios por un produto que implica un grandísimo esforzo. Pero claro é moito mellor avisar por SMS das novas do Concello. Aquí xúrdenos outra dúbida ¿a quen vai avisar por SMS? ¿Os 99 mozos do concello, non? Porque de case 1800-2000 veciños censados cerca do 70% teñen mais de 75 anos o cal implica que é mais que probable que non teñen móbil e que no caso de que o teñan non anden a mandar mensaxes.
Inda así, falta no seu proxecto a súa obra mais ambiciosa: a reforma da casa consistorial (o Concello). Unha obra que a saber en canto nos vai saír e que de seguro é moito mais necesaria que un aulario infantil.
Compañeirxs: leede as propostas. Realmente ¿queremos un Alcalde que non teña ideas propias? Que ten que copialas dos grupos da oposición, que considera mais prioritario climatizar unha piscina, reformar a casa consistorial ou enviar SMS que un aulario infantil ou ter un servizo de transportes regular co resto de localidades. Iso é o que actualmente temos en Castrelo: un Alcalde con aires de grandeza, que decide sen ton nin son ó seu antollo.
Por outra banda, investigando (xa que cando solicitamos algún tipo de información no Concello fan o “avion”) atopamos unha serie de cousas no DOGA (Diario Oficial de Galicia), que nos gustaría saber e que foran tomadas en conta.
*31 de Decembro de 2008, AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) otorgoulle o Concello de Castrelo unha subvención de 13.731.21 € para a realización de obras con fins turísticos. Supoñemos que se gastaron en algo que inda non vimos, pero que estar estará...
*O 20 de Marzo de 2009 á asociación de nacionalistas do Ribeiro (do Concello de Castrelo) solicita unha subvención para a mellora do seu local, subvención que ascende a 5.128,9 €. Ousexa que varreu para a súa asociación case un millón de pesetas ó resto de asociacións que lles vaian dando moito...
*Na mesma data ó Concello, AGADER, tamén lle concede unha subvención de 77.189,18 € para a mellora de espazos naturais. Supoñemos que con eses cartos arranxou os lavadoiros, inda que non sexan considerados coma espazos naturais, pero tendo en conta que son case 13 millóns das antigas pesetas, algo ben se puido facer con eses cartos.
As nosas propostas e as notas ideas baséanse no traballo, na honradez e na transparencia.
No Castrelo que queremos haberá sempre portas abertas, haberá un oído que escoite, un sorriso amable, educación e respecto.
Ti podes lograr que isto mellore. O día 22 de Maio VOTA a OSCAR LÓPEZ MARTÍNEZ.
CASTRELO, O QUE NÓS IMPORTA.