Cando xa están a piques de rematar as eleccións son moitos os que esixen, os que critican, os que empregan as ameazas. Mais cando nós ofrecemos un trato dialogante pero firme, ofrecemos respostas e todo tipo de facilidades, son eses mesmos que tanto esixen os que non queren escoitar.
Pese a quen lle pese, a Constitución no seu artigo 23 di que: “Los ciudadanos tienen derecho a participar en los asuntos públicos directamente o por medio de representantes, libremente elegidos en elecciones periódicas por sufragio universal. Asimismo, tienen derecho a acceder en condiciones de igualdad a las funciones y cargos públicos, con los requisitos que señalen las Leyes.”
Pode que nós non teñamos licenciados nas nosas filas, pode que sexamos socialistas sen mais mentres que outros adicanse a ser “nacionaLISTOS”. Nós o que ofrecemos é un trato igualitario onde as opinións dun colleiteiro teñan o mesmo valor que as dun licenciado, onde calquera persoa con independencia da súa raza, sexo ou relixión poida participar na vida municipal, onde tódalas parroquias teñan os mesmos servizos reais, os servizos que pagan, onde os nosos maiores sexan escoitados e tidos en conta e os nosos mozos sexan o motor e o entusiasmo que nos mova a todos.
Compañeirxs: a experiencia é un grado. Acádase co esforzo, co traballo, coa honradez e coa transparencia. Iso é o que distingue unha boa xestión dunha mala. Nós non podemos ofrecer títulos, moitos de nós non sabemos o que é pisar unha facultade nin sabemos o que é viaxar o estranxeiro por pracer. Nós o que sabemos é de traballo: traballar na casa coma muller e traballar a reo por levar unha familia adiante, traballar dende que tes 14 anos, traballar nas viñas de sol a sol, en pleno verán ou en inverno, traballar servindo ós demais, traballar para chegar a fin de mes para ter unha vida digna, traballar en Alemania, Suiza ou Inglaterra. Non podemos prometervos experiencia o único que podemos prometervos é TRABALLO, ESFORZO e ILUSIÓN. Moitos dirán que é unha utopía, que non son valores reais, que vendemos fume. A diferenza entre eses que queren gañar a toda costa, que queren gobernar para uns poucos (para os seus) e a diferenza que existe con nós é esa: ofrecemos cousas reais, realizábeis, nas que non vai facer falla grandes sacrificios, cousas básicas pero que non temos.
O noso programa electoral resúmese no que subimos onte o blogue. Intentamos colgalo hoxe na web pero ó tamaño do arquivo é moi grande e non o deixa subir, mais REPETIMOS: calquera que desexe o noso programa pode solicitalo por e-mail a: castrelopsoe@gmail.com ou pode indicarnos a súa dirección postal co fin de entregarlle o programa en man.
Gustaríanos precisar unha serie de cousas. O noso programa de man é moi modesto. Somos humildes e os cartos a ninguén lle medran nos árbores (que nós saibamos), por iso só podemos ofrecer o programa que entregamos casa por casa. Son moitos os que comentan que o BNG entregou non só seu programa senón varias publicacións. Queremos precisar que as revistas que levan o título “BNG Castrelo Informa” son publicacións internas do BNG, que se fan en tódolos concellos nos cales hai unha mínima forza nacionalista. É un cargo que corre a conta do partido nacionalista e que non paga a agrupación do BNG de Castrelo. Ademais o BNG confunde o que é o seu resumo das tarefas realizadas no Concello, cun programa electoral.
Non esquezamos que un Concello é unha institución pública, con independencia da forza política que esté detrás e por iso, coma institución pública debe publicar as obras, melloras, subvencións e demais tarefas realizadas SEN TINTES POLÍTICOS. O que ocorre é que o BNG atribuíse no programa de goberno, unha serie de méritos empregados coma programa electoral, volvendo a confundir “churras con merinas”.
Inda así ó final da campaña electoral ás contas de gastos, dos partidos políticos, derivadas das eleccións son PÚBLICAS, polo que xa votaremos contas para ver de onde saíron os cartos, confiando en que non fora das arcas públicas.
Finalmente, e grazas o apoio informático que nos brindou un rapaciño moi vinculado a nós, imos a demostrar que o noso programa electoral foi elaborado antes que o do BNG e que mesmo, pese ó que moitos digan, o contido do programa electoral do BNG non estivo dispoñíbel até a madrugada do domingo 15 de maio (véspera do luns 16).
Como xa vedes, nós non mentimos. Se queres un Concello coas portas abertas, onde ti sexas tomado en conta, onde podas opinar libremente: VOTA a ÓSCAR LÓPEZ MARTÍNEZ.
CASTRELO, O QUE NOS IMPORTA.
Nota: ante calquer tipo de futura acción legal queremos sinalar que os contidos que se publican na web de Facebook son de tipo público, polo que calquer persoa con conta de Facebook pode acceder a eles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario