martes, 10 de mayo de 2011

Ausencia de propostas

Hoxe voulles pedir excusas os meus compañeiros e vou contarvos unha anécdota que me ocorreu hoxe pola mañá.
Cando ía saír co coche (porque esa é outra, temos unha comunicación co resto de municipios tan boa que temos que usar o coche propio para todo, pero non me vou queixar que dixen que ía contar unha anécdota...e son persoa de palabra), e atopeime co meu veciño que me dixo:

-Oíches, lin o voso programa.
-E ¿qué? ¿Gústouche? .- pregunteille eu.
-Sí, está ben pero claro non teño con que o comparar...

E cain na conta do que dicia e ten toda a razón. Ningún outro partido político está a repartir o seu programa electoral e de feito, eu mesmx que estou nunha agrupación política non sei que me propoñen o resto dos partidos que se presentan a Alcaldía, ¡manda truco!
Tras darme conta do asunto chamei ós meus compañeiros, porque quizáis a culpa fora miña o non darme conta, pero, curiosamente ningún dos meus compañeiros sabía nada do tema. Total, que puxémonos a investigar a ver se obtiñamos algún tipo de información, por aquelo de contrastar ideas...
Pois ben, tras buscar no Sr. Google o único que atopemos foi un boletín informativo do BNG, do mes de marzo deste ano, no cal o Sr. Alcalde fai balance do que él considera "unha boa xestión", pero NADA SE DI SOBRE O PROGRAMA DAS PRESENTES ELECCIÓNS, debe ser que inda viven de vellas glorias...

Analizando o documento polo miúdo encontramos lindezas deste tipo:




Mira ti que cousas, hai anos cando o poder lles chamaba (e sempre segundo a súa versión) "repartiron o programa electoral". Debe ser que eu non vivo na vila, porque eu non recibín ningún programa por aquel entonces... E curiosamente, VOLVE A FALAR DE MAIS DE 400 PERSOAS... Eu oirá falar de determinados síndromes, fobias e demais, pero é a primeira vez que vexo fixación polo número 400.




Neste outro anaquiño de entrevista con Xurxo Rodríguez falan do wifi, que "chegará ó 100% da poboación". Tamén un éxito onde os houbo, non só non chega o 100% senón que a Xunta vótalles a reprimenda porque pola súa culpa a receita electrónica na farmacia de Astariz non funciona, pero o wifi neste Concello é como coas meigas "habelo haino". 
Esta é a última das lindezas. Vamos a ver, nun programa político, onde se supón que tes que poñer iniciativas non podes poñer que queres "un Castrelo de Miño para todos e todas" e coma se alguén dí "quero ser boa persoa". Moi ben amiguiño pero para iso terás que facer cousas concretas, digo eu...
En resumo, o programa do BNG foi: poñer un wifi que non existe, facer un Castrelo para todos (nin que foramos ata agora apestados sociais) e poñer un catamarán.

Pero ¿temos unha gardería infantil municipal? Non.
¿Temos un servizo de augas? Non.
¿Paganselles ós nosos recolectores o prezo que a uva debería ter? Non.
¿Temos boas comunicacións con outros municipios? Non.
¿Temos voz e voto no Concello? ¿Podemos opinar que facer cos nosos cartos? Non.
¿Temos unha boa atención médica para os nosos maiores e pequenos? Non.

Por tanto ¿que é o que temos? NADA. Temos cartos perdidos. Esta moi ben restaurar lavadoiros, poñer un catamarán, poñer wifi... Pero se non temos un SERVICIO MÍNIMO, se non tes nin sequera un alumeado público ou unha rede de alcantarillado decente ¿de que demos vale ter un catamarán? ¿Ímolo usar moito?

Amigos, o día 22 de Maio VOTADE O PSOE de Castrelo de Miño. Vota sí ó avance.
 VOTA SÍ POR CASTRELO.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Por fin alguen se atreve a dicir verdades. Todo e postureo e neste concello hai que facer as cousas e sair menos na foto, que ademais non esta precisamente para ser modelo de pasarela.