lunes, 9 de mayo de 2011

Propostas

Desta volta toca falar das moitas deficiencias que ten o noso concello e as nosas propostas de mellora.
Primeiro de todo queremos sinalar que existen iniciativas boas por parte do Concello, xa que nesta película non hai malos malisimos nin bos boísimos, as cousas deben de saír ben polo traballo colectivo de todos. Inda así hai moitas cousas que comenzaron con bó pé pero que agora son unha auténtica chapuza. Por exemplo: Pescastrelo, a zona do Ribeiriño que se habilitou para pescar e pasear. É unha zona excepcional non só en beleza senón tamén en recursos. Foi unha iniciativa boísima, mais cando acudes alí, resulta que o idílico desaparece. Os camiños dan vergoña, ir cun neno pequeno é bastante perigoso (se o levas sen agarran da man, claro está), o acceso e bastante deficiente, hixienicamente xa nin falemos... Pero buscando buscando pola rede (Deus bendiga o Sr. Google) vemos que todas as fotos relacionadas co tema son preciosas pero estas son as nosas fotos, as fotos da realidade da zona:



Outra das medallas que se colgou o Sr. Alcalde, e que saiu fai pouco na prensa foi que sustituiu o vello alumeado público por (ollo ó termo) "un nuevo sistema de autoconsumo con telegestión computarizada". Ben, primeiro non temos nin idea de que demos instalou este home no Concello pero debe ser moderno a mais non poder...E de segundo o Sr. Xurxo Rodriguez dí que xa se cambiou por enteiro a zona que vai de Barral a Santo Estevo. Pois ben, isto é un dos moitiiiiiiisimos exemplos de renovación que non debeu ver. As cousas como son, o problema é das farolas que coma son altas, hai que mirar para elas para podelas ver...


Aquí tamén vos deixamos a ligazón da noticia publicada xa fai uns días na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/04/26/0003_201104O26C10995.htm

Pola nosa banda temos varias propostas básicas, pero hoxe coma estamos a falar de melloras de este tipo ímonos referir a unha en concreto: mellora do servizo de augas. Ó falar desta mellora referimonos o "problemilla" que experimenta a traída da auga cando chove un pouco (inda non dispoñemos de fotos, mañán  intentarémolas subir). Algunhas parroquias do concello teñen os depósitos de auga cubertos e selados con cemento mais outras (coma é o caso de Prado de Miño) obteñen a auga directamente do manantial onde nace e por iso a auga o trancurrir polo regato, cando chove, leva consigo todo o barro e area que recolle polo camiño. Isto é so un exemplo dun servizo BASICO que non temos... Temos un catamarán, mais non temos auga limpa para consumo humano...

Finalmente queremos queixarnos de que non saiu nada en prensa esta fin de semana sobre a romeria do sabado no Coto de Novelle. Consideramos que é un erro por parte do Concello non  potenciar este tipo de festas populares, pero, coma son nacionalistas e buscan a independencia da Galiza igual tamen buscan a independencia de Castrelo, cousa que conseguiron, posto que estamos illados do resto da provincia, según parece.
Iso si, coma sempre o noso benquerido Alcalde, non dixo nin "mú" na prensa sobre a romeria pero fartouse de carrexar xente nova doutros municipios (tendo en conta que según o censo actual das anteriores eleccións, no noso Concello das 1762 persoas censadas, tan só 99 teñen unha idade dos 30 os 20 anos...).

Sr. Alcalde: fomente a festa entre TODOS os interesados, non só no seu clube privado.

Se tedes calquera suxestión podédela mandar o seguinte mail: castrelopsoe@gmail.com e dende aquí animávosvos a facernos tódalas preguntas, comentarios e todo aquelo que se vos ocorra (sempre que non sexa discriminatorio ou ofensivo senón teremos que moderar o comentario). Ademais podédelo facer de maneira totalmente anónima.

CASTRELO, O QUE NOS IMPORTA

No hay comentarios: