viernes, 20 de mayo de 2011

Fin de campaña

Compañeirxs:

Isto xa remata. Mañá será día de reflexionar e xa non se poderá pedir o voto nin facer campaña. Sei que moitos de vós aguantáchedes carros e carretas, estivéchedes de sol a sol falando cos veciños, algúns tivemos mesmo que soportar improperios...pero MERECEU A PENA. De parte de toda a nosa agrupación: GRAZAS

Grazas de corazón a tódolos veciños de Castrelo. Grazas por abrirnos as portas das súas casas, por adicarnos un sorriso cando o cansazo era extremo, grazas a todos aqueles que nós fixeron críticas construtivas, grazas a tódolos lectores do blogue e a tódolos que comentaron, a todos aqueles que nos animaron a seguir adiante cando o vimos todo negro, grazas ás familias, amigos e veciños polo cariño que lle demostran ter o seu Concello. ¡ MOITAS GRAZAS!

Todos vós xa sabedes o que podemos ofrecer. Temos ilusión, somos traballadores e queremos ó noso Concello. Como xa comentamos onte non podemos aportar licenciaturas, másters ou catro idiomas, pero hai algo que xa ven de fábrica: o esforzo.
A nós hai unha frase que nos gusta especialmente: “os mellores perfumes veñen en frascos pequenos”. En Castrelo non fan falla grandes obras: non fai falla renovar o Concello, non fai falla facer unha piscina climatizada, non fai falla avisar os veciños por SMS. Fan falla cousas BASICAS, pequenas e que case nin requiren esforzo: fai falla unha gardería para que os pais e nais traballadores poidan deixar os seus nenos, fai falla un servizo de transportes decente, fai falla unha atención médica completa os maiores, fai falla que teñamos auga limpa se chove.
Este domingo, 22 de MAIO, exerce o teu dereito ó voto. VOTA ÓSCAR LÓPEZ MARTÍNEZ do PSdG-PSOE.

Deixámosvos as fotos do voso equipo de traballo e dicimos VOSO, porque iso é o que ten que facer un goberno municipal: GOBERNAR PARA TODOS.






JAIME FONTANES FEIJOO. 63 anos. Prado de Miño.
Suplente nº4.






JOSE M. BLANCO PÉREZ. 50 anos. Souto (Santo Estevo).
Suplente nº3.




LUIS PÉREZ ÁLVAREZ. 80 anos. Astariz.
Suplente nº2.




FAUSTINO ÁLVAREZ BANDE. 67 anos. Prado de Miño.
Suplente nº1


OLGA JUSTO LÓPEZ. 43 anos. Santo Estevo.
Número 9.





Mª GLORIA FERREIRO SOBRINO. 24 anos. Barral.
Número 8.






FRANCISCO PÉREZ DIÉGUEZ. 70 anos. Ramirás (Macendo).
Número 7.




JOSÉ RAMÓN FIGUEIREDO VILLAR. 53 anos. San Estevo.
Número 6.




JUAN ENRIQUE ÁLVAREZ ALBERTE. 64 anos. A Ponte.
Número 5.








CATALINA GONZÁLEZ ÁLVAREZ. 38 anos. Prado de Miño.
Número 4.




IGNACIO RODRÍGUEZ NIEVES. 25 anos. Señorin (Macendo).
Número 3.

JAIME FONTANES VILLAMARÍN. 39 anos. Prado de Miño.
Número 2.




ÓSCAR LÓPEZ MARTÍNEZ. 30 anos. Fondo de Vila (Macendo).
Candidato á Alcaldía de Castrelo de Miño.




CASTRELO, O QUE NOS IMPORTA

1 comentario:

Anónimo dijo...

moito animo compañeiros
eu xa enviei o meu voto por correo

sorte