lunes, 2 de mayo de 2011

Agradecementos e saída na prensa

A nosa agrupación quere dar as gracias a tódolos veciños e veciñas que onte pasaron polo Clube Náutico de Castrelo para apoiarnos nesta andaina colectiva, a cal finalizará o 22 de Maio, por iso: ¡GRACIAS GRACIAS E GRACIAS!

Queremos volver a resaltar a necesidade que hai neste Concello de reactivar a súa principal actividade, que non é outra que a vitivinícola. Actividade que ata agora estivo paralizada pola xestión pésima realizada polo Alcalde o cal, votando balóns fóra, dí que "a culpa é de Feijoo". Dende o PSOE- Castrelo de Miño compromémonos a conseguir unha mellora no sector, onde os prezos sexan reais e se poña de manifesto o duro que é ser un recolector.

Por outra banda, e seguindo a tónica habitual do Alcalde de decir cousas ó tun-tun, éncheselle a boca dicindo polo pobo que "grazas a banda ancha (wifi) que colocou o Concello, falo polo facebook con persoas maiores de 70 anos, as cales comentanme que melloras se poderían realizar no Concello". Con isto non estamos a dicir que a xente maior do noso pobo non saiba usar as novas tecnoloxías, pero de primeiras chama a atención e inda máis cando o wifi de balde e habilitado para tódolos veciños deixou de funcionar hai cousa dun ano...

Tamén o actual Alcalde, Xurxo Rodríguez, asegura que "se multiplicou por tres o orzamento do PP". Con esta frase non sabemos moi ben a que se refire, debatimonos entre dúas opcións:

1.- Que a Xunta deulle un determinado orzamento ó Concello e que por arte de birli-birloque ese orzamento multiplicouse por tres. É debe ser cousa de maxia porque melloras de servizos básicos como o servizo de augas ou a creación dunha escola infantil (A Galiña Azul), pese a triplicarse o orzamento nin se plantexaron por parte da Alcaldía...
2.- Que o presuposto co que antes traballaba a anterior concellaría era inferior co que traballan agora. O cal tamén é absurdo porque parece evidente que coa evolución do tempo e o encarecemento da vida en xeral é lóxico que se destinen máis cartos para realizar as mesmas tarefas, de feito (e para exemplificar a cousa) non vale o mesmo hoxe unha barra de pan que o que valía fai dous anos.

Pese a todo isto nós seguiremos a loitar polos dereitos e melloras do noso municipio.



Xa sabedes que podedes enviar calquer dúbida o seguinte e-mail castrelopsoe@gmail.com.
Se queredes ver as notas de prensa o respecto, deixámosvos aquí unha serie de ligazóns web:


1 comentario:

Anónimo dijo...

que boa candidatura esta de castrelo,..... xovenes, preparados,..... e boa presenza... VIVA A ESQUERDA REAL E verdadeira.... fora os dereitosos de falsa esquerda viva castrelo