Hoxe vimos como os reis magos: CARGADIÑOS pero de novas.
A primeira nova de todas é que, como xa sabiamos, o noso pobo ten un futuro excelente ó cargo dos mellores sucesores: os nosos nenos e nenas. De feito temos dous rapaces sobresaintes, de matrícula de honra diría eu: Ismael Rodríguez e Lucas Hermida do CEIP de Castrelo de Miño e que participan no concurso "Xiz" patrocinado por V Televisión. Estes dous rapaciños levaron o Concello de Castrelo de Miño ó número UN dentro dos 64 colexios participantes no concurso. Dende a nosa agrupación desexámoslles moita sorte na final.
Dexámosvos a ligazón para que votedes unha ollada:
Por outra banda, hoxe a Voz de Galicia publica algo que xa comentaramos por aquí fai días: a inexistencia da banda ancha da que tanto alardeou o Sr. Alcalde. De feito reúnironse representantes dos concellos rurais (entre eles supoñemos que estaría o noso Alcalde) e membros da Xunta de Galicia co fin de implantar unha banda ancha que permita que funcionen correctamente os servizos da receta electrónica, xa que coma indícase no xornal: o 15% dos concellos rurais teñen un servizo deficiente ou nulo, dentro dos cales esta incluído o noso Concello, porque (repetimos) non temos a banda ancha que dí o Sr Alcalde ou, quizais a teñamos pero é como o Guadiana "aparece y desaparece".
Aquí tedes a ligazón: http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/05/06/0003_201105O6C5992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
É finalmente, aproveitando o oco que nos dá este blogue queremos poñer de manifesto a total incompetencia do Alcalde, Xurxo Rodriguez Méndez.
Coma ben saberedes, onte as 00.00 da noite arrancou a campaña municipal é dicir: xa se pode pedir o voto e xa se poden colgar faixas e cartaces de propaganda política. Pois ben, segundo a lei electoral: o Concello está obrigado a habilitar zonas para a colocación da propaganda política, cousa que o noso Alcalde debeu esquecer... ou pasar por algún sitio, porque pese a ser do BNG parece que se lle pegou certo caciquismo...
Moita xente non vé isto unha preocupación mais debemos sinalar que tamén esta prohibido colocar carteis nos contenedores de basura ou nas portas de casas abandoadas, paredes ou muros que teñan propietario (ben sexa particular ou ben sexan do propio Concello), polo tanto o marco de actuación é moi reducido. Esperemos que a xunta electoral tome medidas e que o Sr. Alcalde habilite as zonas adecuadas e se pode ser antes do 22 de maio mellor.
Compañeiros, xa sabedes que todo sempre pódese mellorar e un cambio no goberno é o que este Concello necesita. O 22 de maio ide votar, votade o PSdG-PSOE. Votade por Castrelo, votade polo que vos importa.
1 comentario:
Olliño! que tras case dúas horas chamando por teléfono, acabamos de saber que as zonas habilitadas son: un muro e dúas farolas.
Como se dí popularmente "toma del frasco carrasco"... iso sí, eles ben que teñen uns cartaces serigrafiados, que por outra banda gustarianos saber quen os pagou...
Publicar un comentario