miércoles, 11 de mayo de 2011

Pequeno chascarrillo

Hoxe imos pedir excusas anticipadas pola pequena "trasnada" que imos poñer no blogue, pero un compañeiro noso enviounos unha fotiño que merece a pena ver.

Esperemos que ninguén a tome mal e de feito estamos case seguros de que ante a falta de ideas que teñen probablemente empreguen o lema de "Espartanos, AU-AU-AU".


16 comentarios:

Anónimo dijo...

BOIIISIIIIIIIIIIIIIIMOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOO. NON OFENDE A NINGUEN .... A ESQUERDA ESTA VIVA E O DIA

Anónimo dijo...

Incisivo pero genial jajaja

Anónimo dijo...

esquerda psoe? seguro? tendes que andar cun complexo moi fastidiado para machacar con iso... Animo e sorte.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
o Psoe por se non o sabias é de esquerdad e sempre o foi, de feito é un dos partidos que mais historia democrática ten.
Por outra banda non sei a que clase de complexos te estás a referir. O que quizais ocorre é que algúns intentan acomplexarnos, cousa que xa che digo "vai ser que
non".
E tamén gustaríame dicir unha cousa, unha frase que sempre me repite miña avoa "dime de que presumes e direite do que careces", quizais o Sr. Alcalde presume do que non ten e así nos vai, cunha man diante o coa outra detrás, porque tanto falar dunha política de
esquerdas e resulta que gasta cartos cunha soltura propia da dereita...

Anónimo dijo...

ahi, ahi, dalledes onde doe. tanto presumir de esquerdas e o final estan demostrando que son o que parecen: caciques sin mais. Animo compañeiros que estades a demostrar que valedes.

Anónimo dijo...

Non me dis nada, a politica de esquerdas e por definicion o contrario que acabas de describir. Tendes un problema de definicion politica. Sea por gusto sea por contragusto.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Dado que nós non sabemos resolver as túas dúbidas (que por outra banda non sabemos cales son, se queres que che expliquemos a historia e a política do PSOE durante a súa vida democrática igual lévanos o noso tempo...) pero coma dicía, dado que tí pareces saber moito do tema estaría xenial que nos explicaras cal é o programa de esquerdas que presenta o BNG.
Este ano tamén quere un Castrelo para todos? Ou só para a súa xente? Gastar os cartos nun catamarán e non ter auga limpa é de esquerdas? Poñer wifi e non ter gardería é de esquerdas? Cando o BNG faga políticas sociais, avisame, fai o favor.

Anónimo dijo...

non o presente politico do PSOE e o que me preocupa, e é o que me refiro. Cal e a diferenza en medidas economicas hoxe en dia entre o PP e o PSOE. Respondo a miña propia pregunta. Non existe. Por gusto ou por contragusto ZP tivo que convertir ao PSOE na nova dereita. E iso é o que o PSOE é hoxe en dia, unha dereita menos dereita estilo os Democratas estadounidenses.Pero dereita ao fin e o cabo, e por iso que a vosa coletilla resulta chirriante. E mais para calqueira votante do PSOE cabreado co que esta a acontecer e que lle vai retirar o seu apoio. Agora engañarse a un mesmo é licito. Unha aperta e moita sorte.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Ante o teu comentario temos que aclararche varias cousas.

1.- Estamos en eleccions MUNICIPAIS. Somos socialistas pero pedimos ó voto a xente coñecida, amigos, veciños e mesmo compañeiros de traballo. Poñamos por exemplo: meu veciño Lucas presentase polo PP. A min dame igual se é do PP, do BNG, ou dos Verdes. Eu vouno votar porque confío en el.

2.- Falas das medida que tomou o Sr. Zapatero (ZP que é mais curto e cómodo). As medidas non se tomaron o chou. De feito que houbera pasado de non as tomar? O que acontece en Grecia? Revoltas populares? Ou quizais un corralito coma na Arxentina?? As medidas tiveronse que tomar e perdoa que che diga que estas ante o gobeno que mais medidas sociais tomou. Que neste período de tempo que vai dende que comezou a crise, adoptara medidas diferentes non quere dicir que sexamos de dereitas. De dereitas foi levar ó pobo a unha guerra cando todos diciamos NON e non habia un apoio legal da OTAN (que conste que eu, persoalmente e falo so por min, non estarei endexamais o favor dunha guerra por moito que a autorice a OTAN, pero polo menos esta é legal), o gobeno do PP conxelara as pensions e os salarios os funcionarios cando non habia crise, o PP pretende eliminar a ley do aborto e suprimir o matrimonio homosexual (que seria o primer goberno democratico que modificaria os estados civís, como xa fixera antes un ferrolano con moita mala baba), o PP ten un problema co galego e cos galegos en particular, ahora falamos trilingue e somos "galegos no peor sentido da palabra"...todo iso é politica de dereita.

3 e último.- Se xa te respós ti mesmo as preguntas quizais deberiaste plantexar que podemos ofrecerche. Tes moi claro que o PSOE non é a solución, estas desgustado coa súa política. Ben, eu non che vou negar que houbo cousas mal feitas a nivel nacional, pero amigx nós non somos ZP, pretendemos ser un goberno municipal. Nós non imos a mentir e facer cortinas de fume dicindo qur podemos quitar o paro, ou coma dixo Esperanza Aguirre que pretende cambiar a ley hipotecaria ou o codigo civil...nós pretendemos MELLORAR o noso Concello.

Entendemos que estes disgustado co goberno central, mais nós propoñemosche que coma veciño de Castrelo sopeses as opcións.
Moitas grazas polos teus comentarios.

Anónimo dijo...

eu non sei a que ben tanta carallada se non te gusta o ZP non o votes e punto pero tio isto son as munisipais

Anónimo dijo...

Boas so dicir unha cousiña, moito critcades todo o que fixo o Sr. Alcalde, cando teria que ser todo o contrario.
Segundo a miña opinión Castrelo está moito mellor do que estaba fai catro anos en tódo-los sentidos.
Nunha das noticias falades de que non podemos opinar de que facer cos nosos cartos? Eu quero saber canto pagastes vós para comprar o catamaram, para as obras do centro de día, para os arreglos nos lugares onde están as igrexas de Macendo, Astariz, Prado, Santa María,... e máis obras que están facendo de Castrelo un lugar onde da gusto vivir e digno de visitar. Eu non puxen nin un euro para todo o que se fixo, parece que vos si.
Un saúdo e sorte.

Anónimo dijo...

a esquerda está morta, por desgracia!

Can codrilo dijo...

non estamos a critiacar todo o que fixo o alcalde, xa que hai cousas ben feitas, e que dan boa imaxen cara ó exterior,.... estamos a falar e concluir que castrelo, non é so o catamarán e o Nautico,....., castrelo son persoas cas non se conta para nada e que non se reflictan nos orzamentos....., castrelo é sanidad, é canalizacións, ruas e beiraruas, e viño, comercio,.. servizos,.... pero nun marco macroeconómico de repercusión nas economias de cada un de nos e no fituro dos nosos.-...... CASTRELO IMPORTA E MOITO, e as persoas de dentro mais...., non so para os visitantes,... non se nos repercutiu nada das inversión en materia turística e de imáxen que se fixeron ,..., moito conto e poucas noces a repartir.
é decir políticas de esquerda... verdade .... xa cho creo.

Castrelo de Miño dijo...

DEBIDO A PROBLEMAS TÉCNICOS IMPUTABLES O SERVIZO DE BLOGGER, IMOS REPETIR OS COMENTARIOS QUE SE SUPRIMIRON E QUE XA FORAN PUBLICADOS ESTOS DIAS:

ANÓNIMO:
non o presente politico do PSOE e o que me preocupa, e é o que me refiro. Cal e a diferenza en medidas economicas hoxe en dia entre o PP e o PSOE. Respondo a miña propia pregunta. Non existe. Por gusto ou por contragusto ZP tivo que convertir ao PSOE na nova dereita. E iso é o que o PSOE é hoxe en dia, unha dereita menos dereita estilo os Democratas estadounidenses.Pero dereita ao fin e o cabo, e por iso que a vosa coletilla resulta chirriante. E mais para calqueira votante do PSOE cabreado co que esta a acontecer e que lle vai retirar o seu apoio. Agora engañarse a un mesmo é licito. Unha aperta e moita sorte.
ANÓNIMO:
eu non sei a que ben tanta carallada se non te gusta o ZP non o votes e punto pero tio isto son as munisipais
ANÓNIMO
Boas so dicir unha cousiña, moito critcades todo o que fixo o Sr. Alcalde, cando teria que ser todo o contrario.
Segundo a miña opinión Castrelo está moito mellor do que estaba fai catro anos en tódo-los sentidos.
Nunha das noticias falades de que non podemos opinar de que facer cos nosos cartos? Eu quero saber canto pagastes vós para comprar o catamaram, para as obras do centro de día, para os arreglos nos lugares onde están as igrexas de Macendo, Astariz, Prado, Santa María,... e máis obras que están facendo de Castrelo un lugar onde da gusto vivir e digno de visitar. Eu non puxen nin un euro para todo o que se fixo, parece que vos si.
Un saúdo e sorte.
ANÓNIMO:
a esquerda está morta, por desgracia!
CAN CODRILO:
non estamos a critiacar todo o que fixo o alcalde, xa que hai cousas ben feitas, e que dan boa imaxen cara ó exterior,.... estamos a falar e concluir que castrelo, non é so o catamarán e o Nautico,....., castrelo son persoas cas non se conta para nada e que non se reflictan nos orzamentos....., castrelo é sanidad, é canalizacións, ruas e beiraruas, e viño, comercio,.. servizos,.... pero nun marco macroeconómico de repercusión nas economias de cada un de nos e no fituro dos nosos.-...... CASTRELO IMPORTA E MOITO, e as persoas de dentro mais...., non so para os visitantes,... non se nos repercutiu nada das inversión en materia turística e de imáxen que se fixeron ,..., moito conto e poucas noces a repartir.
é decir políticas de esquerda... verdade .... xa cho creo.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Primeiro gustarianos darche as grazas por ler tan polo miúdo o noso blogue, o cal implica que non o estamos a facer tan mal e que a nosa mensaxe cala na xente. ¡Graciñas!

Comezamos falando dos cartos. A culpa foi nosa por sacar o tema xa que dabamos por sentado que o tema de tributacións municipais era coñecido por todos cando en realidade parece que non se entende tan ben, polo tanto ímosche facer un mini-resumo, que esperamos entendas.

As entidades públicas (o Concello de Castrelo, neste caso) teñen 3 fontes de financiación:
-Impostos
-Taxas
-Contribucións especiais

Este grupo conforma os chamados "tributos". Os cales, se es veciño de Castrelo, PAGAS RELIXIOSAMENTE, salvo que queiras ter problemas co Fisco...
Ademais de estas 3 fontes de financión o Concello recibe subvencións (estatais e europeas) e ten tamén fondos ou programas europeos (por exemplo o FEDER que se ve en varias obras).

O que ocorre é o seguinte: tí directamente non pagas os cartos, e dicir o Alcalde non vai casa por casa recolectando cartos e tampouco paganse derramas cando hai unha obra (o que ocorre nas comunidades de propietarios). PERO TÍ PAGAS DO TEU BOLSILLO, sexa directa ou indirectamente determinados gastos do concello. Por exemplo: o IBI (imposto de bens inmobles é do concello) o Imposto de Circulación (é do concello), imposto de tratamento de residuos (recollida do lixo basicamente). Esos cartos, que son TEUS, son para o Concello.

Pero tiveches un pequeno "lapsus". Cando nós falamos de que "alguen nos pregunte qué queremos facer cos nosos cartos" referímonos os chamados presupostos participativos. O teu error radica ahí, xa que como vexo (e reitero as grazas dadas) o blogue leelo moito pero o programa non o leiches (estamolo a dar porta por porta, pero se inda non o tes podemosche ofrecer a posibilidade de enviarcho por mail para que lle votes un ollo). Os presupostos participativos parten dunha maravillosa idea que emprega o Alcalde comunista de Extremadura, que tanto falar de comunismo o BNG e tanto falar do pobo e resulta que o mellor que teñen é este Alcalde e nin miran para el..

Como dicíamos, os presupostos participativos implican que se faran asembleas abertas para todolos veciños de Castrelo, co fin de que decidan que facer cos seus cartos. Por exemplo: temos X cartos para as festas populares: cantos dias queredes que duren en funcion a estes cartos. Que orquestras queredes traer etc. Outro exemplo: quedou excedente do ano anterior (o Concello tivo beneficios) que facemos? Arraxamos a rúa? o Concello? Gardamolos?
Así tódolos veciños poderán decidir e implicaranse mais na vida municipal da súa vila.

A outra cuestión que queremos comentar é que dis que Castrelo agora está moito mellor. TOTALMENTE DE ACORDO, tendo en conta que levaba anos morto calquer mínimo detalle mellora o asunto. Pero ti non crees que se podería mellorar? Ser tan conformista é absurdo Compañeirx.
Tamén imosche dicir que se en 4 anos o Sr. Alcalde non houbera feito nada "apaga y vamonos", porque 4 anos rañando o embigo, xa sería de traca.

O que sí que ENDEXAMAIS imos recoñecer e a túa expresión de que "as obras están facendo Castrelo un lugar para vivir e digno de visitar". Compañeirx: CASTRELO SEMPRE FOI, É E SERÁ UN LUGAR PARA VIVIR, e perdoa pero pensamos que ningún dos seus veciños sentiase indigno por vivir aquí. De feito nós sempre nos sentimos orgullosos de vivir e nacer onde nacimos, moito antes de que chegara o Sr. Alcalde ou mesmo moito antes de que el nacera.

Moitas grazas pola túa opinión.

socialista coma ti dijo...

Esta noticia é un gran argumento político de campaña!
O que xa dixen, cerebros de peixe.