martes, 17 de mayo de 2011

Memoria de peixe

Memoria de pez: dícese de aquel que tiene poca o mala memoria.
Estes días estámonos a dar conta de que moitos temos memoria de peixe e de que esquecémolas cousas dun ano para outro.
Buscando no Google novas sobre Castrelo de Miño atopamos esta nova que incluso nós mesmos tiñamos moi esquecida.
En outubro de 2008 (un ano despois do nomeamento de Xurxo Rodríguez coma Alcalde de Castrelo) os veciños de Ramirás facían una sonora e visíbel protesta diante da casa consistorial. O quiz da protesta radicaba en que o Concello non lles proporcionou ós veciños de Ramirás unha escavadora que limpara o camiño de acceso o monte. En principio parece que proporcionar ou non unha escavadora non deixa de ser algo “peregrino” pero o que ocorre é os veciños tiñan prevista unha tala de árbores, valorada en 17.000 € e o non facilitarlle á empresa madereira o acceso o lugar da tala, os veciños, en lugar de cobrar 17.000 € cobraron 4.000 € menos (é dicir 13.000 €). Claro, ditas cantidades monetarias deben ser menudeces para o Sr. Alcalde o cal cobra mensualmente unha cifra que ronda os 1.500 €.
O que mais nos chama a atención é que de todos eses cartos cada veciño só recibiu 150€ per cápita duns montes que son COMUNAIS.
Pero OLLO Ó DATO, o alcalde xa fala do centro de día dicindo que supón unha inversión de 87.000 € pero, mirando o boletín de castrelo informa (pax. 46) fálase de que o investimento do centro de día foi de 214.161 €.
Aquí vos deixamos a ligazón da noticia publicada no 2008:
 http://www.laregion.es/noticia.php?id=72345
Facendo as contas temos: que o centro de día custou 214.161 € e que o que supostamente aportaron os veciños e demais institucións, co fin de cubrir entre todos o valor da obra, foi de 87.000 € (taxación inicial do valor da obra) por tanto: FÁLTANNOS 127.161 EUROS!! Que coma dicían os humoristas Cruz y Raya “¿andandarán?”.
Pero amiguiñxs o mai gracioso de todo e que na foto, onde se supón que hai una manifestación e que os veciños se están a queixar dunha mala xestión, o lóxico é que te amoses preocupado ou polo menos interesado nas súas peticións, pero se ollades a foto este Sr. sae sorrindo coma se non fora con el o conto.

Non vos conformedes cun mínimo cando podedes ter o máximo.
O día 22 VOTADE PSOE, por Castrelo, polo que nos importa.  




Deixamosvos unha fotiño do pasado domingo en Ribadavia, do noso candidato Oscar López e a nosa compañeira Olga Justo con Jesús Caldera, ex Ministro de Traballo e Asuntos Sociais (2004-2008) .

16 comentarios:

Anónimo dijo...

pero que ten que ver o centro de dia co "centro de interpretación do encoro" que fixeron en Ramiras, primeiro aprendede a ler meus

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Pois non ten nada que ver...
pero que nós saibamos a nova vai sobre unha tala forestal coa que os veciños perderon cartos...

O que ocorre é que se les a noticia (concretamente o segundo parágrafo comezando por abaixo) fala de que os cartos obtidos da tala empregáronse no centro de día coma medio de finaciación. De ahí o de falar do centro de día (que de feito comezouse a xestionar en febreiro de 2008).

Mais pode ser que cando a nova fala de centro social consideres que se refiere o centro de interpretación do encoro e inda mais, se é asi pedimos perdón de anticipado. Mais a nova fala dun centro social e de momento, que nós saibamos un centro de interpretación do encoro é un centro de orientación non de tipo social.

Anónimo dijo...

evidentemente....Mimadriña, castelos no aire.

socialista coma ti dijo...

Hai memoria de peixe, e cerebro de peixe. Este artigo é un claro exemplo desto ultimo. Confundides como xa vos dixeron o centro de interpretacion do embalse, que está na antiga escola de ramiras, co centro de dia que está en Vide.
Deixade de facer o ridículo que nos avergonzades a todos os socialistas. Antes de falar hai que pensar. E moito mais antes de escribir, que queda gardado para a posteridade.
E polo ben do PSOE de Castrelo e de nos todos os socialistas deixade de escribir con esta falta absoluta de rigor e ideas, porque si xa imos ter poucos votos, os fieles de sempre que lean esto vanse ir, ou votar o bloque, porque parece que traballades as ordenes do avelino chato. Estadeslle facendo a campaña a nuñez feijoo e mariano rajoy. Compañeiros socialistas, lexos dos problemas que pode haber en cada localidade, non vos olvidades nunca, NUNCA, quen son, e onde estan os verdadeiros enemigos.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Coma dixo Jack o destripador "imos por partes".

1.- Se lees a nova di: centro social e non centro se interpretación ou o que é o mesmo centro de orientación.

*Centro social: e aquela institución de información e de tipo social e entretemento con base na comunidade. Pode incluir servizos coma: ximnasio, comedor, biblioteca etc. Os seus obxetivos son servir á política social e prestar servizos á comunidade

*Centro de interpretación: institución co fin de promover o medio ambiente buscando revelar ó público o legado cultural ou histórico dos bens que se expoñen ou poñen de relieve.

Tamén nos gustaría manifestar que descoñecemos a túa afiliación ou simpatía ó partido socialista, pero dende logo xente coma tí cun léxico tan soez e de tipo agresivo no cal mesmo se poden intuir verbas con ton ameazante, mellor que queden lonxe. Por outra banda, quizais o problema sexa teu e confundas ti os termos. A nova di o que di, fala dun centro social ó cal nós endexamais dixemos que se construira en Macendo (Ramirás). O que dicimos (e que quizais a tua incontinencia verbal non che deixou ler ben) e que os cartos da tala destinaronse ó centro social, pero de ahí a dicir que se construiu un centro social en Ramiras hai un bo treito. Iso chamase confundir churras con merinas.

En canto a que lle estamos a dar o voto a Feijoo e a Rajoy, descoñeciamos que se presentaran as eleccions
municipais por Castrelo. Pero compañeiro nacionalista ou pseudo socialista,pensamos que quizais te estas a referir o tremer de pernas que ten o Alcalde o ser consciente de que ou saca 5 concelleiros ou perde a Alcaldia, xa que o resto de forzas políticas non lle van a brindar o seu apoio.

Anónimo dijo...

igual os que teñen que aprender a leer son outros
ou mellor aun mirar a merda que levan dentro

O xurxo non renova dijo...

carallo hay tanto medo como para votar tanta merda?

pasaba por aqui dijo...

a verdade é que a noticia fala dun centro social pero non sei se os cartos foron para o centro de dia, pero non sei que outro centro social hai

ademais o expediente de licitacion do centro de dia tramitouse en febreiro de 2008 (viene en la voz de galicia)

eu en principio creo o que aqui pon, non totalmente porque en politica sempre se miente pero al menos van casa por casa falando coa xente cousa que o bng non fai

Nivelazo politico dijo...

dades bastante lástima, Deus reparta sorte ceo santo....

socialista coma ti dijo...

Dios mio que pena dades. Como socialista pidovos por favor que retiredes este artículo porque nos estades avergonzando a todos. Mirade a noticia da region e leede, por favor.
Do que fala esa noticia é do centro social ou centro de interpretación ou como se chame que fixeron os veciños de ramiras na antigua escola. Non ten nada, NADA que ver co centro de día de Vide. Retirade a noticia por dios, que nos avergonzades. Quen lea esto vaise dar conta de que non vos enterades de nada.

socialista coma ti dijo...

E agora uso unha cita vosa para respondervos:
"Pero compañeiro nacionalista ou pseudo socialista,pensamos que quizais te estas a referir o tremer de pernas que ten o Alcalde o ser consciente de que ou saca 5 concelleiros ou perde a Alcaldia, xa que o resto de forzas políticas non lle van a brindar o seu apoio."

Nin nacionalista, nin pseudosocialista, SOCIALISTA de carné desde hai mais de 26 anos.
Estas dicindo que en Castrelo de Miño o PSOE vai pactar co PP e se fixera falta cos independentes, xa que dices que o resto das forzas politicas non lle van dar o seu apoio.
Vos con quen estades? Co PP de Rajoy, Feijoo e Baltar?! Si, é o mesmo partido aquí e en Madríd.
E con quen estades tamén, cos independentes que levan a un traidor o noso partido como alfonso? Con esa xente estades?.
Cando estades dicindo publicamente esto, ó que estades animando á xente que vos podia votar, e que lle dea o voto ao BLOQUE, xa que vos estades dicindo que se sacades algun concejal ides apoiar ao PP e ao traidor de alfonso.
E a xente vaise ir toda a votar ao bloque.
Avengonzome de vos, e non son un socialista coma ti. Non, eu son un SOCIALISTA como Paco rodriguez de ourense ou calquera outro. Vos avergonzades as nosas siglas.

socialista coma ti dijo...

Sabedes o que pon no reverso dos carnés da militancia do PSOE desde hai moitos anos?. Se tes o carne cólleo, dalle a volta e lee esta cita de Pablo Iglesias:

"Sois socialistas no para amar en silencio vuestras ideas ni para recrearos con su grandeza y con el espíritu de justicia que las anima, sino para llevarlas a todas partes"

A nosas ideas, o socialismo ten que chegar a todas partes. O que nos une a toda a militancia é a fraternidade estemos donde estemos.
Estemos en Ribadavia, Carballiño, Ourense, Amoeiro, Coles, Santiago, Vigo, Coruña...

Os actos que os socialistas de Castrelo fagades neste ayuntamiento, pode ter repercusións negativas en calquera deses outros municipios. Eso é o que buscades ao criticar tan duramente o bloque, en vez de ao PP de rajoy, feijoo, ou o baltar cacique dos 3000 euros no maletero? Con esa xente queredes entendervos en Castrelo?
E que por ir contra os verdadeiros ideales socialistas en castrelo facendo un pacto antinatura co PP, queredes que o bng non nos apoie en algun dos outros sitios que vos dixen? Onde está o verdadeiro socialista e a fraternidade entre os compañeiros do partido? Onde está Pablo Iglesias?. Colle o carné, si o tes, dalle a volta, e lee.

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Chegamos xa o punto de falar por falar e mesmo de remontarnos a época da reconquista. Imos volver a intentar razonar contigo, cousa que a verdade é case mais dificil que estudar física cuantica.

Se lees as entradas ó blogue enteiro, verás que xa dende hai días levamos dicindo que esta semana íamos subir o programa electoral e que se non pasaramos por algunha das casas (que hoxe por exemplo tócanos Barral, onte Prado, etc.) que mesmo podiamos enviar o programa por e-mail e hoxe xa tiñamos a entrada preparada para subir co noso programa electoral.

Por outra banda, se les a prensa de hoxe veras que saímos en varios xornais (faro de vigo, ourense dixital, correo galego etc) criticando o "copia pega" do programa do BNG do noso, polo que como comprobarás que hoxe subamos o noso programa non responde á túa petición, senón a un traballo previo (xa que as notas de prensa envíanse un día antes á redacción).

Ademais dís que levas 26 anos militando no PSOE en Castrelo. Iso implica que mais ou menos (supoñendo que te afiliaras coma moi cedo os 20 anos) que debes ter cerca de 50 anos e perdona a licenza que nos imos tomar pero a xente que mais domina as novas tecnoloxías non anda por esa franxa de idade. Inda así, no caso de que nos equivocáramos, tamén che informamos de que en Castrelo, só hai 4 persoas con carnet de militante do PSOE (e curiosamente van na lista) así que hai unha opción: non eres quen dis ser.

En canto o programa electoral do BNG e da súa web, no noso programa tamén ven esta ligazón web e o noso e-mail.
Os contidos publicados no blogue pasan un "escáner" previo por parte do PSOE de Santiago de Compostela (sede central), así que coma comprenderás estamos seguros do que publicamos e gozamos do respaldo que o partido nos proporciona.

O que sí que nos sorprende é que o Alcalde pasara 3 veces pola túa casa. E temos que dicirche que lle indiques por onde se vai ás casas dos demais, porque debeu entrar nun bucle infinito ou nun buraco negro e só debe andar pola túa rúa, porque nós vivimos en Castrelo e temos familia e amigos alí e curiosisimamente polas súas casas non pasou ninguén. De feito o programa electoral que dis que se pode conseguir na sua ligazón web pódese obter dende o domingo á noite- luns pola mañá xa que antes tódolos demais contidos estaban valeiros.

Finalmente en canto o de pactar ou non co PP ou cos independentes imosche repetir o que xa publicamos no blogue: o PSOE non vai volver a renovar o seu apoio ó BNG e o resto de forzas políticas tampouco. Se votaras contas daríaste de conta de que o BNG esta a gobernar co apoio noso e que sen ese apoio gobernaría o PP e, dado que nós non lle imos brindar o noso apoio e tamén dado que contamos manter o número dos nosos votantes ou mesmo aumentalo (mira ti que optimistas somos), a única posibilidade que lle queda o BNG é obter maioria absoluta.

Finalmente, convidámoste a que nos contes tódalas túas inquedanzas en persoa, porque coma non somos socialistas para dar as nosas ideas en silencio, queremos poñerche cara e ollos e tomar en conta tódalas túas opinións, que nos digas en que podemos mellorar e que é exactamente o que estamos a facer mal, así que propoñemosche unha "cita" con nós, a cal podes formalizar por medio do seguinte mail: castrelo@gmail.com. No caso de que non o fagas (que sería o esperabel) pensamos que xa quedará todo dito.

Moitas grazas pola túa participación.

Anónimo dijo...

Ningun socialista de ben publicaria o que ti estas a poñer "socialista coma ti"

Os trapos sucios lavanse na casa e si o que queres e meter merda equivocacheste de sitio

Todolos socialistas de Castrelo, os de verdade, estamos moi orgullosos do que se esta a facer en estas eleccions

Anónimo dijo...

Ay que se ve o plumeiro,agora resulta que os verdadeiros socialistas son os que agora estan no BNG de Castrelo. Apoyo a candidatura de Oscar que representa de verdade a esquerda e moito animo que vamos a gañar.

socialista coma ti dijo...

Primeiro insultasme e chamasme vello, e dicesme que como teño mais de 50 anos non sei usar as novas tecnologias. Por extensión insultas a todos os mayores de 50 anos e calificasnos de analfabetos tecnologicos, algo que xa lin varias veces neste blog cando ridiculizas aos mayores que segun vos non poden saber chatear ou comunicarse co alcalde, ou con calquera outro.
Sodes un expertos en espantar os votantes.
Segundo, agora entendo o paupérrimo nivel deste blog. Solo hai en todo castrelo 4 socialistas de carné. Agora entendo todo. Carencia absoluta de formación política.
Tercero: Que pasades un escaner en santiago? Conozco ben a sede central e non escanea este tipo de publicacións. Desgraciadamente porque senón xa vola terian pechado polo daño que lle estades facendo ao socialismo ourensano.
Cuarto: Mais que nos 50 estou nos 60. E si, oh milagro! sei usar un ordenador!
Quinto: Son militante da agrupacion da ponte, concello de ourense.
Sexto: Vivo e disfruto en castrelo a miña recente jubilacion. e tamen voto.
Septimo: Si resulta que en Castrelo as opciós a escoller segun vos son duas: ou BNG ou PP+PSOE+ICM, xa me axudastes a decidir o meu voto. Eu nunca llo darei nin a baltar nin a feijoo nin a rajoy nin a traidores. Votarei entonces á unica opcion de esquerdas dispoñible que é a do BNG.
Moitas gracias por resolverme este duda que tiña, pero unha vez confirmada xa decidin o meu voto e xa non volverei por aqui para non seguir sentindo vergonza ajena.
Moitas gracias.