domingo, 15 de mayo de 2011

Retomamos o traballo de campo

Queridxs compañeirxs:

O primero que queriamos facer é pedir desculpas pola xestión do blogue. Como veriades o xoves e mesmo a mañá do venres o servizo técnico de Blogger viuse afectado por un erro que eles calificaban de "mantemento" o que supuxo que tódolos comentarios publicados dende o día 11 de maio, a partir das 18.00 horas (creo) foran suprimidos. Pensamos que o restaurarse o blogue os comentarios eliminados volveríanse a poñer coma publicados pero non foi así, polo que tivemos que volver a subilos nós mesmos. Por se alguén ten dubidas sobre a nosa palabra pode buscar información no Google e de feixo o xornal "La vanguardia" ate o publicou na prensa.

Fai uns días saía na prensa a nova de que o BNG de Castrelo conta con sacar maioría absoluta e que seguro que o conseguen porque están todos moi contentos. Gustaríanos traer a lembranza a frase de Ortega Cano “ y estamos tan agustitooooo”, xa que iso é o que lle pasa o goberno nacionalista, que están tan cómodos no seu sitio que queren seguir a chupar do bote outros 4 aniños mais.
Onte, tamén no blogue alguén falaba dos complexos e nós, recurrindo a frase ancestral das novas avoas imos repetir o mesmo “dime de que presumes e direite de que careces”. Quizais tanta saída en prensa falando da utopía na que eles viven (e que o resto de veciños non ve por ningures), non deixe de ser unha reafirmación de que alguén debe ter a conciencia un pouco revolta.
Traendo a colación a memoria selectiva do Alcalde e os seus grandes logros, tanto que a algún se lle enche a boca a falar da restauración de lavadoiros, rúas e demais, hoxe imos falar doutro puebliño do noso Concello, que se chama A Carixa e sí, inda que o Alcalde non o soubera A Carixa é coma Teruel: EXISTE.
Na Carixa a rúa principal ten unha fochanca que cabe case un can dentro e falamos da rúa pola que pasan tanto viandantes coma coches TÓDOLOS DÍAS. Anticipándonos a resposta do Señor Alcalde e dos seus milleiros de fans (que coma diría Belen Esteban  “estoy super feliz, estoy super feliz”) xa contestamos que sí, as obras das rúas son competencia do Sr. Pepiño Blanco, que sí é do PSOE e que sí a culpa será entón (coma sempre) de ZP, pero o Goberno municipal pode arranxar a rúa se quere ou instar as administracións a que xestionen a obra.


Na Carixa tamén teñen un lavadoiro que “curiosamente” non foi restaurado como ocorre no resto de parroquas do Concello.

Na Carixa teñen un depósito de auga (o que surte a auga potable a zona) que no fondo está cheo de lama.

Na Carixa o alumeado público que o Sr. Alcalde puxo novo sendo de “telexestión computarizada” debe de ser tan moderno tan moderno que se volveu invisible, porque alí dende a época do caudillo non se tocou nada...Pero claro, A Carixa non se ve, quizais non hai tanta xente coma en Barral ou Astariz, quizais non sexa unha zona que se vexa a simple vista, PERO TAMÉN SON VECIÑOS DE CASTRELO e teñen dereito os mesmos servizos dos que os demais. Iso chámase IGUALDADE.
Outra parroquia que o Alcalde debe descoñecer que existe é Souto (Macendo). Coma ides ver aquí tamén arranxou o lavadoiro.

E tamén arranxou un muro que leva 2 ANOS derruido co correspondente perigo de desplome que tén e que mesmo pode afectar a rúa principal.




Isto é un exemplo da maravillosa xestión do Alcalde que parece que só arranxa o que se ve a simple vista ou as zonas onde vive xente simpatizante ou mesmo familia del. O resto NON EXISTE.
Finalmente queriámosvos comentar que estos días nós tamén saímos na prensa. A diferenza que hai entre as nosas novas en prensa e as do BNG de Castrelo son que nós xa dicimos claramente que non estamos “super felices” e que temos serias dúbidas sobre a xestión realizada polo Alcalde nestes 4 anos. Perdoade que non poñamos fotos pero e que nós o tempo que temos pasámolo na rúa falando ca xente, cando teñamos un oco posaremos para a prensa.
En formato web saímos aquí: http://ourensedixital.com/_novas/11/05/12_05.htm e en formato papel saímos en Faro de Vigo e mais na Voz de Galicia.
Finalmente queriámosvos agradecer a todos os que comentades, a vosa participación no blogue tanto sexa para facer críticas (que sempre serán ben recibidas e das que podemos aprender moito) coma para felicitarnos polo traballo que estamos a facer.
Xa sabedes que podedes comentar de forma anónima no noso blogue, mandarnos dúbidas ou mesmo solicitar o noso programa electoral no seguinte e-mail: castrelopsoe@gmail.com.
Ah! Unha cousiña...gustaríanos solicitar a algún dos nosos lectores do blogue que sexan simpatizantes do BNG (que sabemos que habelos hainos) que nos proporcionasen algún tipo de información do programa electoral que o Sr. Alcalde propón para estes 4 anos que van vir, xa que buscamos o programa até debaixo das pedras e non hai maneira. Intentámolo conseguir na súa web (a do bloque nacionalista galego no apartado que el mesmo ten) pero a sección está valeira. Deixariámoslle un comentario, pero dado que non é coma o noso blogue no cal pode participar calquera persoa de forma anónima, foinos imposible solicitalo.
Moitas grazas.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

:) xa queda menos, Deus reparta sorte :)

Anónimo dijo...

grazas socialistas de castrelo, por contar e contrastar a verdadeira situacion do concello...., mais alo dos limites da carreteira e do clube nautico.... estades facendo politica para o pobo, que e o que se precisa no concello de castrelo,......, esta moita xente abandoada.....GRAzas e sorte.... ESTAMOS CON VOS

Castrelo de Miño dijo...

Moitas grazas compañeirxs.
Ánimo e forza!

socialista coma ti dijo...

Hoxe é a cuarta vez que me visitan na miña casa os do bloque de castrelo nos ultimos tres meses. Para falarme do que fixeron e do que pretenden facer. Non sei si é porque saben da miña militancia socialista ou polo que me din outros veciños é o que fan en todos os sitios, falanme do que fixeron e do que van facer. Nin unnha sola palabra mala nin boa dos outros partidos. Falan deles, do que fan e do que queren pra Castrelo.
Teño na casa unha revista do bloque dunha entrevista o alcalde facendo un resumen da xestion realizada nos catro anos. Teño outra revista que fai una analisis economico das contas do ayuntamiento e teño outra revista que trae un programa extenso do goberno do bng e detalles dos candidatos, e un pequeno folleto que resume as ideas principales do programa. No fondo destas revista ven unha direccion da web www.xurxo-bng.org onde vexo que tamen se pode descargar o programa, os folletos, o curriculum de toda a candidatura...
O que non encontro nesta paxina do psoe de castrelo por ningun sitio é o programa do PSOE de castrelo, nin a sua candidatura. Na casa solo teño un folletiño do psoe onde so hai 4 ou 5 ideas ao que pola sua brevedad non se lle pode chamar programa e unhas fotos dos candidatos sin ningun dato deles para saber quen son ou a que se dedican.
A ver se vos poñedes as pilas e en vez de falar tan mal, comezades a falar do que ides facer por castrelo e explicades ben quen sodes para que a xente poida confiar neste equipo. E espero que algún dia antes do domingo poidades subir a este blog algo o suficientemente elaborado e cun numero de paxinas adecuado para poder chamarlle PROGRAMA. Se non o tes, vaite á nosa sede a Ourense, que vai haber algun compañeiro que che vai botar unha man para que presentes algo digno para chamarse SOCIALISTA.

socialista coma ti dijo...

Sigo sin ver o programa do PSOE de Castrelo de Miño nesta páxina. Que estades esperando para publicalo. o dia 23 de maio?