lunes, 9 de mayo de 2011

"A tontas y a locas"

Como dicía o grupo de pop Seguridad Social "pa que me provocas...a tontas y a locas".
Pois iso é o que esta ocorrer no noso municipio. A nosa agrupación socialista esta sendo branco das mofas e actos propios dun cativo de 5 anos cunha pataleta. Ditas actuacións estanse a levar por membros e simpatizantes do BNG, encabezados polo Sr. Xurxo Rodríguez. O cal explica a pataleta de neno pequecho, xa que debido a súa idade e inexperiencia nos comicios, ponse demasiado nervioso e actúa deste xeito.

O pasado xoves, cando arrincou a campaña, o PSdG de Castrelo, saiu a rúa  poñer cartaces coma tódolos partidos politicos. Correximos, coma todos non, porque esa suposta igualdade que encarna a Constitución no seu artigo 14 non é tan real coma debería ser...pero iso xa é fariña doutro costal.
Cal foi a nosa sorpresa ó comprobar que o Concello non habilitou espazos físicos para a pegada da propaganda electoral (o cal sería o lóxico), senón que só habilitou zonas comúns.Pero OLLO, eles teñen uns marabillosos cartaces serigrafiados, os cales tamén fannos pensar de onde sae tanto carto nesta época de crise...

Nós, co todo o esforzo económico que supón unha campaña electoral, puxemos o noso maior empeño en facer as cousas ben e estivemos traballando a reo até as 6 da maña, mentres que outros partidos limitáronse a quitar os plásticos que cubrían os seus cartaces colocados días atrás.

O conto é que o día seguinte a meirande parte dos nosos cartaces electorais (por non dicir todos) FORAN ARRINCADOS. Sendo conscientes do xogo sucio que algúns ían facer e dado que poñerse a discutir cun mandril é cousa absurda, decidimos deixar o asunto como estaba. Non contentos con iso, o día seguinte a moitos dos nosos compañeiros tachóusenos por parte de membros do BNG de (e citamos textualmente) "mortos de fame, que non tedes cartos para facer nada".

Pola nosa banda só imos comentar dúas cuestións:

1.- O BNG éncheselle a boca o falar de comunismo, dicindo que están en contra do capitalismo. Pois ben, neste concello tedes o exemplo do Alcalde mais cacique que o Bloque Nacionalista endexamais viu. Un Alcalde mentireiro e que inda por riba mófase da xente con menor nivel adquisitivo que el. Será que a el e o seu partido chóvenlle os cartos e poden malgastalos a mans cheas. Pero nós, somos un auténtico partido de traballadores, xente de a pé, mais ou menos preparada, pero chea de gañas e de ilusións e que por EDUCACIÓN, non van a entrar neste xogo.

2.- Non se debe esquecer dita agrupación nacionalista, que está a gobernar grazas ó apoio do noso partido. E xa vos adiantamos que este partido non volverá a negociar eles, salvo  que cambien de cabeza de lista (cousa bastante improbábel xa que parece o frautista de Hammelin...).

Por outra banda queremos dar as grazas a toda esa xente que nos anima diariamente e que están, coma nós, comprometidos con este concello e desexan que se produza ese cambio tan necesario para todos.

Ah! Esquecíasnos dar as grazas o Concello, que cada vez que lle solicitamos información tardamos mínimo un tempo de 2 horas e media en conseguila e iso supoñendo que a consigamos, porque a meirande parte das veces contéstasenos de malas maneiras e con milleiros de evasivas.

Hoxe toca noticia dobre, así que nun anaquiño subiremos información tanxible e cos datos que tanto gustan a todos.




Foto: Parte dos nosos compañeiros ante un dos cartaces “supervivente”.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Vaisevos moito de Dios a pinza... xD

Castrelo de Miño dijo...

Compañeirx:
Sería un pouco absurdo negarte que "se nos vai moito a pinza", pero debe ser un defecto común da politica municipal.
O PSOE ve cartaces arrincados e o BNG conta 400 en lugar de 60 persoas.
"Nadie es perfecto"

Anónimo dijo...

jajajaja :)

Anónimo dijo...

Muy agudos

can codrilo dijo...

son verdadeiramente democráticos estes comicios electorais, ou polo ontrario estamos, ante un voltar o goberno coma o do partido populàr de fai vinte anos.... sr. alcalde esto deberia miralo, porque nonse entende,dado a ideoloxia que oseu partido creeque predica... asi non se vai a ningures.....

Anónimo dijo...

jajajaja :), moita sorte o día 22.