miércoles, 4 de mayo de 2011

Unha de cal e unha de area

Hoxe ímonos facer eco dunha noticia que consideramos moi beneficiosa para o noso Concello.
A noticia foi publicada onte polo diario "El norte de castilla", onde sinalan que a Diputación de Valladolid oferta 50 prazas para os nenos vallisoletanos que naceran entre os anos 1998-2000 (ambos incluídos).
Os rapaces participarán nun campamento de aventura e relacionada cos deportes náuticos, que terá lugar no Clube Náutico de Castrelo de Miño do 25 o 31 de xullo deste ano 2011.
Deixámosvos a ligazón por si vos interesase :
 http://www.elnortedecastilla.es/v/20110503/valladolid/diputacion-oferta-plazas-para-20110503.html

Iso sí, o Concello coma sempre, vai por detrás da noticia e nada sabe do tema.


E coma noticia curiosa do día facendonos tamén eco do publicado na prensa este fin de semana, Xurxo Rodriguez, o Sr. Alcalde, candidato polo BNG as eleccións municipais de Castrelo de Miño, fixo (o mesmo día ca nós, casualidades da vida...) a súa presentación de campaña. Pois ben, como todos sabemos, fixo uso do complexo do Centro de día, e aquí o CURIOSO da noticia... dí que acudiron a súa presentación de campaña MAIS DE 400 PERSOAS.
Ben, imos sacar a luz unha serie de datos:

1.- O censo poboacional do Concello no ano 2009 rondaba os 2044 habitantes (ver as fontes do INE, para verificar os datos). Polo tanto, asistiu á presentación case unha cuarta parte do Concello o que hai que engadir que dos 2044 habitantes o 65% son persoas maiores de 75 anos (cunha movilidade reducida) é dicir quedarían 716 persoas novas.

2.- Dado que descoñecemos as dimensión do Centro de día, pero mirando o plano que publica o boletín "Castrelo informa" e comparándoo coas dimensións da "Vivenda Comunitaria" (a cal ten 400 m2), non dan as contas. É dicir, prevese que a Vivenda Comunitaria teña capacidade para 12 persoas maiores (e reiteramos que ten 400m2) e vendo a distribución en plano por salóns ou habitacións do Centro de día É IMPOSIBLE que albergue no seu interior a máis de 50-60 persoas.
Por outra banda e xa postos a dicir verdades, no boletín nada se dí sobre o finanzamento do Centro de día o cal foi cuberto un 70% polo Estado e un 30% polo noso municipio. Iso sí, dando unha de cal e unha de area, temos que felicitar o Concello por axilizar as obras e rematar (ou case) antes de prazo. Xa que a finalización da obra estaba prevista para setembro deste ano e coma o que a todos nos interesa é o interés dos nosos veciños e veciñas, as nosas felicitacións pola xestión.

Aquí adxuntamos unha foto do "cheo absoluto" de 400 personas alegado polo Alcalde. Dende logo ou a nós moito nos engaña a vista ou ahí non hai 400 persoas...


Xa sabedes, podedes mandar calquera suxerencia ou idea o seguinte mail: castrelopsoe@gmail.com
Ah! Esquecéusenos dicir que xa activamos a opción para que todos vós poidades deixar neste blogue os vosos comentarios de forma totalmente anónima.





Foto extraída de:  http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/05/02/0003_201105O2C2994.htm

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa polo blog. Gustame moito

can codrilo dijo...

por fin alguen que conta as verdades do alcalde deritoso que ten ese concello......, noraboa polo blog.... viva a democracia e a esquerda verdadeira

Anónimo dijo...

ahi que ver, menos mal que alguen conta as verdades do Concello. Animo e arriba a esquerda verdadeida de Castrelo.